23/5/09

AVE DISCIPVLE

AVE DISCIPVLE
O ordenador saúdate!
Vouche explicar en breves palabras como aprender as cinco declinacións latinas divertíndote...
  • Aprender progresivamente: Poderás elixir, segundo o teu nivel, a dificultade do exercicio e o tempo do que disporás para dar a túa resposta. Se te equivocas, axudareite ensinándoche os modelos das declinacións.
  • Divertíndote: Propóñoche un verdadeiro xogo, no que poderás marcar BONVS ou restar MALVS puntos e mesmo bater records.

ADIANTE POIS!

Se queres coñecer os meus creadores, ponte en contacto con eles. Son:
Christian Faux euphorbe@yahoo.fr
Jean-Jacques Couderc phisique.1cf@andorra.ad

13/5/09

A MULLER E AS MATEMÁTICAS (I)

MILEVA MARIC
BIOGRAFÍA:
Naceu en 1875 e morreu no 1948. Esta matemática serbia foi a primeira muller de Einstein.
Naceu en Titel, na provincia de Vojvodina.
No 1896 ingresou no instituto politécnico de Zurich sendo a única muller estudante.
Einstein e Maric tiveron unha filla antes de casar; crese que foi dada en adopción. Casaron o 6 de Xaneiro de 1903, e tiveron dous fillos: un profesor de enxeñería hidráulica e outro que padecía esquizofrenia.
Moitos científicos dubidan de que Einstein fora o único autor dos 5 traballos publicados cos que se fixo famoso, e un deles recibiu o Premio Nobel.
Crese que Mileva tiña moito que ver nos traballos, xa que un dos cinco era copia do seu traballo de fin de carreira. Mais todo o que asinara algunha vez desaparecera e tamén os manuscritos polos que Einstein chegou a ser coñecido.
INVESTIGACIÓNS:
Realizou estudos e investigacións acerca da teoría dos números, cálculo diferencial e integral, funcións elípticas, teoría da color e electrodinámica.
Consérvanse cartas de Mileva e Einstein, nas que el discute con ela, e trata a teoría como “a nosa teoría”.
Os investigadores sosteñen que a “teoría da relatividade” foi de Maric. Un coñecido físico ruso afirmou que chegou a ver os artígos manuscritos asinados polos dous
.
Teoría da relatividade:
Engloban xeralmente dous corpos de investigacións en ciencias físicas: a teoría da relatividade especial e a teoría da relatividade xeral.
Conceptos principais:
A percepción do espazo e do tempo dependen do Estado do movemento do observador ou é relativa ao observador.
Relatividade especial:
Tamén chamada teoría da relatividade restrinxida, publicada por Einstein en 1905. O artigo é “En torno a la electrodinámica de los cuerpos en movimiento”.
Esta teoría, que describe a física do movemento no marco dun espazo-tempo, utilízase para estudar sistemas de referencia inerciais, presentados anteriormente por Poincaré e Lorentz.Tras a publicación do artigo de Einstein, a teoría foi aceptada. Poincaré e Lorentz estiveron moi cerca de chegar ao resultado. A forma xeométrica definitiva da teoría
Patricia e Silvia de 1º de Bach.

12/5/09

TRABALLOS DE MÚSICA DE 2º DE BACH.

A piques de rematar o curso e marchar do insti, os alumnos de 2º déixannos de recordo algúns dos seus traballos.

Andrea Iríbar regálanos esta impactante presentación:



Julio Melón déixanos: Andrea Iríbar tamén fixo a presentación que vén a continuación:

Para ver en grande o texto que aparece a continuación PREMEDE no centro


11/5/09

TRABALLOS DE CIENCIAS DE 2º DE BACH.

Os alumnos de 2º de Bach. están rematando o curso. Atrás quedan moitas horas de estudo e aprendizaxe. Mais, como poderedes ver a continuación, valeu a pena:



3/5/09

TEMAS 2º BACHARELATO

O século V a. C.
Estes esquemas da historia de Grecia no s. V a. C. poden ser de utilidade para repasar algúns temas culturais de 2º da Bach. de cara á Selectividade.
A comedia grega: [resumo]
O teatro en Grecia xurdiu na 2ª metade do s. VI a.C., no momento no que a poesía lírica comezaba a decaer (malia o exemplo de Píndaro no s. V), e mantívose como xénero dominante até o comezo da etapa helenística, cando épica, lírica e teatro empezaron a cultivarse de forma diferente e simultánea.

A comedia (κωμῳδία, como xa nos di Aristóteles na súa Poética) é un dos tres xéneros teatrais, xunto á traxedia e ao drama satírico, todos eles escritos en verso. Desenvolvía temas da vida cotiá tratados con risa, burla e humor: a trama consistía nun problema que o heroe cómico acababa solucionando, acadando un final feliz que, xeralmente, se conseguía por medio de elementos sobrenaturais e fantásticos. A linguaxe e o estilo estaban acordes coas clases sociais representadas polas personaxes, e a miúdo incluían xiros propios da linguaxe popular.
Distínguense dúas etapas
  1. A comedia antiga, con ARISTÓFANES como máximo representante, criticaba a situación política derivada da Guerra do Peloponeso.
  2. A comedia nova, na que destaca MENANDRO, trataba temas costumistas e moralizantes e tiña como finalidade a evasión da realidade.

Ao igual que a traxedia, este xénero teatral estaba relacionado co culto ao deus Dioniso e representábase no seu teatro. O elenco constaba de 2 ou 3 actores que interpretaban todas as personaxes valéndose de máscaras e vestidos, e un coro dirixido polo corifeo. Co verso combinábase a música e a danza.

O Edipo Rei : [comentario]
Atopándose xa Edipo no trono de Tebas tras libra-lo reino da esfinxe mediante a resolución desa famosa adiviña («Que ser provisto de voz é de catro patas, de dúas e de tres?» segundo a sinxela formulación de Apolodoro), e casado con Iocasta como premio, o oráculo impón a necesidade de impartir xustiza sobre un crime cometido hai tiempo: a morte do rei tebano Laio, anterior esposo de Iocasta. Como monarca, corresponde a Edipo resolve-lo misterio que envolve o asasinato. Para isto recorre ó adiviño Tiresias, quen se nega a lle revelar a verdade dos feitos, pero que remata por sinalar como culpable a Edipo con palabras encubertas cando éste, sumido no desacougo de non achar ningunha resposta diáfana, deshónrao ó calificalo de falso mediador entre o futuro e o presente. Cunha grosa venda sobre os seus ollos e sen un caxato co que dar paus de cego, Edipo comeza torpemente as súas investigacións apuntando co dedo acusador a Creonte, irmán da súa muller, como instigador dunha conspiración contra el. Dende este momento, una sorte de casualidades enlazadas coa súbita aparición de personaxes clave significará a apertura dun vieiro en liña recta polo que Edipo camiñará sen mirar cara a atrás, aumentando a velocidade a medida que contemple a proximidade dunha amarga clausura, do muro contra o que finalmente se estrelará. A verdade alumeará a face de Edipo abrasando as súas pálpebras como o máis potente dos focos policiais, afundíndoo nunha abafante desesperación, na que a duras penas poderá eleva-la voz para esixir penitencia. Penitencia polos pecaminosos actos que a ánima corrupta dun parricida con gusto polo incesto cometera.

O Edipo Rei de Sófocles conságrase como particular proxenitor da novela policíaca que hoxe coñecemos. A través dunha estrutura construída coa precisión do mecanismo dun reloxo, o lector é propulsado a medida que a obra avanza ata verse a sí mesmo a varios metros por enriba das páxinas, contemplando unha panorámica de tea de araña e seguindo con repentina lucidez os fíos que unen o destino de cada un dos personaxes. Tanto a traxedia grega como o mito do que ésta parte enuncian a impotencia de home, sexa cal sexa a súa orixe, o seu nome ou o seu título, para saír triunfante dunha lide corpo a corpo co fatum, tecido por un xurado de deuses impasibles e inmisericordes, contra os que toda estrataxema, por moi ben urdida que poida estar, cae en saco roto. O destino fatal e inamobible dos monicreques desta historia finca neles os seus escuros ollos e perségueos en sepulcral silencio, contando os segundos que restan para apretar-la corda ó redor dos seus pescozos. As férreas fauces da fatalidade.
Carla Novoa de Jesús (2º de Bacharelato)